Cursores
Cos meus mestres aprendín moito,cos meus amigos, máis;cos meus alumnos aínda máis. Proverbio hindú
RSS

martes, 21 de abril de 2015

ANIMAIS EXÓTICOS NO COLEXIO

Como todos sabedes, uns días atrás, o colexio recibiu unha agradable e atípica visita, unha serie de animais un pouco estraños e que non estamos acostumados a ver nas nosas casas. Entre eles atopábanse anfibios, réptiles e artrópodos.
A presentación foi levada a cabo polo biólogo Diego (experto en animais exóticos) e que foi quen de ensinarnos moitas peculiaridades destes animais e incluso permitiu que tocásemos algúns deles perdéndolle un pouco os medos que instintiva e culturalmente estes animais nos producen.
Os alumnos de 5º e 6º de primaria, ademais tiveron a fortuna de ter durante uns segundos un incrible colar vivente, nin máis nin menos que unha fermosa pitón...
E para mostra, ollade a presentación: