Cursores
Cos meus mestres aprendín moito,cos meus amigos, máis;cos meus alumnos aínda máis. Proverbio hindú
RSS

xoves, 23 de marzo de 2017

CANCELADO CONCERTO PACO NOGUEIRAS

O concerto de Paco Nogueiras deste venres queda aprazado por causas climatolóxicas.

NOVA DATA: 31 DE MARZO

luns, 20 de marzo de 2017

CONCERTO PARA FAMILIAS: 
PACO NOGUEIRAS 
E O SEU BRINCA VAI!




O músico compostelán PACO NOGUEIRAS actuará o vindeiro venres 24 de marzo no colexio POSSUMUS ás 17 horas co seu espectáculo BRINCA VAI!. Trátase dun concerto aberto a todas as familias, e dirixido de xeito especial aos pais e nais que queiran vir a pasar unha magnífica velada coas cancións e a música en vivo de Paco Nogueiras e o seu BRINCA VAI!. O concerto, promovido polo colexio en colaboración coa ANPA, enmárcasse dentro do proxecto de centro DAR VIDA, e servirá tamén para presentar a canción que dará pe á grabación dun video clip moi especial. Prégase aos interesados en asistir contacten co centro chamando en horario de mañán ao teléfono 986 371 330 ata o xoves 23, a fin de confirmar asistencia para non rebasar aforo. NOTA: En caso de choiva aprazaríase, polo cal pregámoslle permañeza atento á web do centro onde se comunicará calquera novidade a este respecto.










xoves, 9 de marzo de 2017

O PHOTOCALL

Aquí esta o resultado  do photocall , pasámolo moi ben posando.
 Estabamos todos e todas moi guapos